Borja Iglesias quere demostrar que pode ser unha opción para o Mundial
Borja Iglesias quere demostrar que pode ser unha opción para o Mundial
Borja: "O meu obxectivo é gozar o momento, tentar achegar e aprender"
Borja Iglesias foi o protagonista do día na sala de prensa da Cidade do Fútbol de Las Rozas. O dianteiro do Betis atendeu aos medios de comunicación e explicou que está a gozar moito na súa primeira convocatoria coa selección española absoluta.
"O Mundial? Queda moito, pero vou tentar poñer todo do meu parte para sumar e ser unha opción"
"O meu obxectivo é gozar o momento, tentar achegar e aprender. Creo que podo facelo moito aquí. Estou moi contento. Luís Enrique pediume o que o lle pide a todos os dianteiros. O grupo é fantástico e o staff ao redor do equipo é moi próximo. Estou cómodo"
A Borja preguntáronlle pola evolución de Luis Enrique desde o Celta ata a selección:
"Co paso dos anos cambiou cousas pero a esencia é a mesma, transmite unha idea que é moi parecida. Fai partícipe ao equipo e convence de xogar así "