Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bota a andar o novo proxecto europeo do Baxi Ferrol

Bota a andar o novo proxecto europeo do Baxi Ferrol

Moira Joiner, que aínda non recalou en Ferrol e Julie Pospisilova, concentrada coa selección checa, son as únicas ausencias

G24.gal 20/08/2024 15:08 Última actualización 20/08/2024 15:15

Bota andar o novo proxecto do Baxi Ferrol. Con oito caras novas e co reto, esta temporada, de disputar competición europea. Comeza o Baxi os adestramentos con dúas ausencias. Moira Joiner, que aínda non recalou en Ferrol e Julie Pospisilova, concentrada coa selección checa.

Falta exactamente un mes para que o equipo da cidade naval inicie o seu novo curso baloncestístico, ao grande ademais: o primeiro partido da tempada corresponderase co debut na Eurocup do 19 de setembro, choque a disputar contra as italianas do Battipaglia, anfitrioas nese arranque ligueiro continental. A volta celebrarase unha semana despois, o 26 de setembro na Malata, encontro que será ademais de acceso gratuíto para os abonados ao club.

Doutra banda, haberá que esperar ata o 5 de outubro para que o Baxi volva lucirse na liga doméstica, data na que outro ano máis comezará as súas andainas pola liga Feminina Endesa, nesta ocasión, contra o Kutxabank Araski.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade