Botan trigo e centeo para fixar especies cinexéticas en Antas de Ulla
Botan trigo e centeo para fixar especies cinexéticas en Antas de Ulla
Xabaril, coello, perdiz e lebre son os animais sobre os que xira o proxecto
Ademais de cultivar, limpan os montes de maleza
Coa chegada da primavera, estes terreos van ser sementados con trigo e centeo. Os cazadores do tecor de Santa Mariña de Antas de Ulla queren que en 20 das 12.000 hectáreas das que dispoñen haxa cada vez máis exemplares de caza tanto maior como menor. Por iso, decidiron botar estas colleitas para que os animais teñan un hábitat favorable e non abandonen a zona.
A sociedade de caza de Santa Mariña conta cuns 180 membros, sendo unha das máis numerosas da provincia de Lugo. Por iso, e polo amplo terreo que manexan, consideran imprescindible aumentar o número de exemplares de caza na zona. Ademais, coa sementeira de cereais tamén se manteñen limpos de maleza os montes.
Neste tecor tamén experimentaron coa cría de coellos en réxime de semiliberdade e os resultados están a ser óptimos en canto a capturas.