Brais Abelenda "Eles foron máis listos ca nós e levan os tres puntos"
Brais Abelenda "Eles foron máis listos ca nós e levan os tres puntos"
O xogador do Pontevedra lamenta a derrota ante o líder da 2ª RFEF
O Pontevedra non foi quen de dobregar ao Unión Adarve no Vicente del Bosque. A pesar de poñerse por diante, os granates remataron perdendo ante o primeiro clasificado. Brais Abelenda pasou pola zona mixta para comentar o encontro no Galicia en Goles.
"O partido púxose de cara pero eles foron máis listos e leváronse os tres puntos. Foi unha pena porque foron xogadas illadas, coma sempre neste campo. Houbo sete ou oito minutos nos que non saímos do noso campo e iso lastrou"
O encontro estivo marcado polas decisións arbitrais.o Pontevedra adiantouse cun penalti ao fío do descanso e o conxunto madrileño empatou, tamén desde os once metros, no ecuador do segundo tempo. As dúas penas máximas foron dubidosas. Brais Abelenda foi o xogador que provocou o primeiro deles.
"Eu tento chegar antes que o porteiro. Toco antes que el e encollese. Creo que non me toca pero o árbitro pitou penalti e non lle podo facer nada. No seu, estaban agora mirando a repetición e semella claro, pero o xogador estaba en fóra de xogo"