Publicador de contidos
Publicador de contidos

A solidez do Unicaja permítelle levar o triunfo do Pazo (74-90)

A solidez do Unicaja permítelle levar o triunfo do Pazo (74-90)

Os visitantes mandaron durante todo o partido e sentenciaron cun gran parcial no último cuarto (12-22)

Malas porcentaxes do Breogán nas triplas (26 %)

G24.gal 20/04/2023 22:00 Última actualización 20/04/2023 22:21

O Breogán non puido cun Unicaja que demostrou un gran nivel e levou o triunfo do Pazo (74-90). Foi case todo o partido por diante e sentenciou no último cuarto. 

A igualdade durou ata mediado o primeiro cuarto. O Unicaja comezou a marcar diferenzas cun parcial de 0-7 (8-14) que mantivo ata o remate (15-20). No segundo mantívose a mesma dinámica ata que, grazas a uns bos minutos de Tanaskovic, o Breogán volveu coller o mando no marcador (31-30). Pouco durou, porque o Unicaja volveu facer un parcial de 0-7 (35-42) co que chegou ao descanso sete puntos arriba. 

O terceiro cuarto foi unha tirapuxa en que o Breogán cada vez que se achegaba recibía a puñada do rival. O Unicaja foise de dez (40-50), reaccionou o Breogán cun 10-3 pero outra vez os malagueños volveron marchar (57-68). Ao remate do cuarto estaba o partido no aire cun 62-68. 

No último cuarto fallou o ataque do Breogán. Non anotou nos primeiros 3:30 minutos e o Unicaja volveu poñer terra de por medio (62-73). Os lucenses pelexaron moito para baixar a barreira dos dez puntos, pero Tyson Carter bastouse para impedir calquera achegamento. Unha canastra con adicional súa puxo unha diferenza de 14 (68-82) a tres minutos do final e unha tripla de Kalinoski levouna ata os dezasete (71-88). Ao final 74-90, triunfo xusto de Unicaja.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade