Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bruxelas abre unha infracción a Meta por considerar que fomenta a adicción dos menores

Bruxelas abre unha infracción a Meta por considerar que fomenta a adicción dos menores

A empresa americana é a dona de Facebook, Instagram e Whatsapp

Segundo Bruxelas, os algoritmos utilizados contribúen á adicción ás redes sociais e os sistemas de verificación de idade non son efectivos

A Comisión Europea xa iniciara procedementos de infracción contra TikTok e AliExpress

Imaxe de arquivo. (Reuters/Dado Ruvic) Imaxe de arquivo. (Reuters/Dado Ruvic)
G24.gal 16/05/2024 12:16 Última actualización 16/05/2024 12:51

A Comisión Europea abriu este xoves un procedemento de infracción contra Meta, xa que considera que tanto Facebook como Instagram fomentan a adicción entre os menores e a compañía non toma medidas efectivas para remedialo.

"Non estamos convencidos de que fixese o suficiente para cumprir coas obrigacións da lei de servizos dixitais para reducir os riscos dos efectos negativos para a saúde física e mental dos mozos europeos nas súas plataformas Facebook e Instagram", dixo o comisario europeo de Mercado Interior, Thierry Breton.

Bruxelas cre que os algoritmos que usan Facebook e Instagram "explotan a debilidade a inexperiencia dos menores", xa que lle mostran contido en base aos seus intereses, fomentando así a súa adicción ás redes sociais.

Por outra banda, tamén considera que as ferramentas de verificación de idade non son nin razoables nin eficaces para evitar que a xuventude acceda a contido inapropiado. 

A investigación abriuse tras investigar a análise de risco que Meta enviou o ano pasado. O Executivo comunitario considera que a empresa estaría a incumprir a lei de servizos dixitais.

Esta investigación permite á Comisión Europea adoptar medidas cautelares contra Facebook e Instagram ao igual que fixera con TikTok, á que forzou a suspender o programa de puntos da versión Lite de España e Francia.

A lei de servizos dixitais obriga as plataformas a protexer os menores, eliminar o contido ilegal e ter unha maior transparencia nos algoritmos. Desde a súa existencia Bruxelas xa abriu catro procedementos de infracción: 2 contra TikTok, 1 contra Meta e outro contra AliExpress.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade