Bruxelas logra un acordo con Alemaña para a fin dos motores de combustión en 2035
Bruxelas logra un acordo con Alemaña para a fin dos motores de combustión en 2035
Berlín accede a desbloquear un pacto crave na estratexia europea na loita contra o cambio climático
Desde 2035 non se venderán vehículos que utilicen gasolina ou diésel
A Unión Europea e Alemaña chegaron a un acordo respecto aos motores de combustións para o levantamento do veto xermano á súa prohibición en 2035.
O anuncio fixoo o Frans Timmermans, vicepresidente da Comisión Europea e responsable do Pactpo Verde. Tras semanas de discrepancias, Berlín accede a desbloquear un pacto chave na estratexia europea na loita contra o cambio climático. As friccións coas institucións comunitarias e algúns estados membros elevaran a tensión nas últimas semanas.
Segundo confirmou o Goberno alemán e a Comisión Europea, os vehículos equipados cun motor de combustión poden rexistrarse despois de 2035 só se usan combustibles neutros en termos de emisións de CO2.
Bruxelas quere que se adopte o regulamento de estándares de CO2 o antes posible. O venres pasado, o chanceler alemán, Olaf Scholsz, xa insistira en que Berlín e Bruxelas serían capaces de chegar a un acordo para que o país levantase o veto.
A Unión Europea (UE) acordou hai meses prohibir a venda no seu territorio de coches que emitan CO2 a partir de 2035 tras unha negociación entre os Vinte e sete e a Eurocámara.
O acordo non fala de tecnoloxías de motorización, polo que non exclúe o motor de combustión, pero o desenvolvemento tecnolóxico actual convida a pensar que o motor eléctrico ou as pilas de hidróxeno son a mellor solución escalable.