Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bruxelas manten o veto á pesca de fondo, pero ábrese a revisalo en novembro

Bruxelas manten o veto á pesca de fondo, pero ábrese a revisalo en novembro

España, Francia e Irlanda presentaran unha solicitude para que se suspendese a súa entrada en vigor

A Comisión admite unha posible revisión do regulamento se novos datos científicos que se van coñecer en novembro avalan o cambio

Os armadores confían na revisión do veto pero temen que chegue tarde

G24.gal 26/09/2022 14:26 Última actualización 26/09/2022 21:04

A Comisión Europea non aceptou este luns a solicitude presentada por España, Francia e Irlanda para suspender o regulamento que veta a pesca de fondo en 87 áreas do Atlántico continental

O comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevičius, respondeu que revisará a decisión de vetar a pesca de fondo en zonas mariñas protexidas se así o avalan os datos científicos que se farán públicos o próximo novembro, despois de que estes países pediran ao Executivo comunitario a revisión da decisión.

"Esperamos o primeiro ditame científico revisado en novembro e se se xustifica revisarase o peche de certas zonas", sinalou Sinkevičius nun debate cos ministros de Agricultura e Pesca da UE, durante cuxa intervención advertiu de que non se pode "anticipar o contido da recomendación científica".

Neste sentido, o comisario refírese á publicación o próximo novembro por parte do Consello Internacional para a Exploración do Mar (Ices, polas súas siglas en inglés) dun informe de avaliación desas zonas mariñas vulnerables.

Respecto da queixa manifestada por algúns países de que a decisión se basea en datos científicos desactualizados, Sinkevičius respondeu que o informe se baseou nos datos proporcionados polos Estados membro do ICES.  

Nun paso máis, Sinkevicius lembrou que esta decisión se tomou con catro anos de "atraso" e engadiu que se analizou a actividade pesqueira en determinadas zonas antes de proceder a "protexer os ecosistemas vulnerables".   

España, Francia e Irlanda pedían suspender a aplicación do regulamento

Na súa intervención no debate, o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, defendeu que o informe do ICES que se tomou como referencia para adoptar esta decisión "non é actual" e que, ademais, "inclúe modalidades como o palangre de fondo que non estaban consideradas"

Ante o cal solicitou ao Executivo comunitario que "suspenda a aplicación do regulamento", que entra en vigor o próximo 9 de outubro, pero non foi aceptada. E iso a pesar de que os tres países que solicitaban esa suspensión contaron co respaldo de Portugal, Países Baixos, Dinamarca e Grecia.

O Goberno acudirá á xustiza se hai base para gañar no TXUE

Á súa chegada á reunión dos Vinte e sete, ademais, o ministro español advertía de que o Goberno sopesa recorrer ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) para resolver esta controversia, se considera que hai unha base xurídica sólida que permita dar este paso.

"Tomaremos as medidas que nos parezan oportunas, sen descartar en modo algún, máis ben ao contrario, a miña posición é favorable, recorrer ao Tribunal de Xustiza [da UE (TXUE)] e estamos en consultas cos servizos xurídicos do Estado", concluíu o ministro. 

"Se temos base, imos ir ao Tribunal de Xustiza. Téñoo decidido, clarisimamente. Temos que consultar aos servizos xurídicos do Estado, porque eu non quero ir ao Tribunal de Xustiza, eu quero gañar no Tribunal de Xustiza. Polo tanto, temos que armar un caso sólido", recalcou.

Planas dixo que, segundo a súa impresión, cóntase con "unha base forte", aínda que insistiu en deixar o caso en mans dos xuristas.

Revisión con novos datos, que segundo Planas a CE xa ten na súa man

E respecto á posibilidade de corrixir o actual regulamento cando se coñezan novos datos científicos, Planas xa anticipaba que consideraba un erro non suspendelo antes de entrar en vigor e agardar unhas semanas ata coñecer eses novos datos.

Cualificaba de "un pouco sorprendente" que o Executivo comunitario asegurase que a primeira oportunidade de revisar o regulamento sería tras a publicación dun novo informe do ICES en novembro.

Nese sentido, preguntábase se Bruxelas non podería esperar seis semanas para adoptar o peche das áreas pesqueiras "con maior coñecemento e con maior fundamento".

Ademais, segundo o ministro español, a Comisión Europea xa dispón deses novos datos científicos

A Xunta pide ao Goberno  celeridade no recurso

 A conselleira do Mar sinalou este luns que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación debe recorrer “o máis pronto posible” ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea o regulamento da Comisión Europea (CE) que cerra á pesca de fondo 87 zonas sensibles das augas comunitarias no Atlántico nordés.

O vindeiro venres reuniranse os representantes do País Vasco, Asturias, Cantabria, Andalucía e Galicia para “analizar cos representantes políticos que posibles accións se poden poñer en marcha para acompañar ao Estado e defender os intereses do sector pesqueiro".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade