Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bruxelas presentará en maio unha proposta do mercado da enerxía que prime as renovables

Bruxelas presentará en maio unha proposta do mercado da enerxía que prime as renovables

A nova proposta tamén pretende mitigar a volatilidade de prezos ligada á carestía do gas

A finais e marzo, a CE prever ter "medidas de emerxencia para limitar o efecto dos prezos do gas nos prezos da enerxía".

G24.gal 15/03/2022 11:00

A Comisión Europea (CE) espera que a Axencia para a Cooperación dos Reguladores Enerxéticos (ACER) presente un deseño optimizado do mercado eléctrico na Unión Europea que manteña os incentivos para investir en renovables pero que mitigue a volatilidade de prezos ligada á carestía do gas.

A comisaria de Enerxía, Kadri Simson, dixo esta maña ante a comisión de Industria do Parlamento Europeo que espera poder presentar unha proposta destas características para "mediados de maio".

"Ata o de agora ninguén presentou un deseño mellor que realmente protexa o noso sistema da posible ameaza de apagamentos".

Xa a finais de mes, agárdase que o Executivo comunitario presente posibles "medidas de emerxencia para limitar o efecto dos prezos do gas nos prezos da enerxía".

A Comisión Europea tamén se abre a proposta para a revisión do mercado eléctrico, tras meses rexeitándoa, pero non será tan inmediata. Coñecerase despois de que ACER presente o próximo abril o seu informe definitivo coas "vantaxes e inconvenientes" do actual sistema.

"Esperamos que  ACER aborde a cuestión de como o mercado pode ofrecer sinais suficientes para incentivar as renovables e tamén por suposto como mitigar a volatilidade de prezos".

Para a comisaria de Enerxia "protexer os nosos consumidores é unha prioridade", dixo

Nos últimos meses, algúns estados membros achegaron ideas como limitar o prezo máximo do gas no sistema marxinalista, en que a tecnoloxía máis cara fixa o prezo do resto, ou directamente retirar ese hidrocarburo da formación de prezos.

Bruxelas desvelou a semana pasada a senda que pensa seguir para abordar a inflación enerxética e reducir a dependencia do gas ruso, no contexto da invasión de Rusia sobre Ucraína, que levou á UE para aprobar varios paquetes de sancións económicas contra Moscova pero que non afectan os combustibles fósiles dos que depende a Unión Europea.

O plan da Comisión pasa por impulsar as fontes de xeración renovable e revisar o deseño do mercado eléctrico para corrixir o efecto contaxio da carestía do gas ao prezo da electricidade.

Esas medidas aínda non dispoñen dunha "avaliación de impacto" concreto pois aínda que os técnicos do Executivo comunitario traballan no proxecto enerxético e para proporcionar unha análise rigorosa das implicacións precisan "meses", dixo a comisaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade