Bruxelas propón expropiar os fondos conxelados a Rusia para pagar a reconstrución de Ucraína
Bruxelas propón expropiar os fondos conxelados a Rusia para pagar a reconstrución de Ucraína
Apoia a creación dun tribunal especial para xulgar "os horribles crimes" de Moscova
A Unión Europea colaborará coa Corte Penal Internacional (CPI) para establecer un tribunal especializado para xulgar os "horribles crimes" de Rusia, á vez que se asegurará cos seus socios de que pague pola "devastación" que causou en Ucraína cos activos e fondos rusos conxelados.
O anuncio fíxoo este mércores a presidenta da Comisión Europea Ursula von der Leyen nunha mensaxe na súa conta oficial en Twitter acompañado por un vídeo. "Rusia debe pagar polos seus horribles crimes", afirmou Von der Leyen.
Russia must pay for its horrific crimes.
— Ursula von der Leyen (@vonderleyen) November 30, 2022
We will work with the ICC and help set up a specialised court to try Russia’s crimes.
With our partners, we will make sure that Russia pays for the devastation it caused, with the frozen funds of oligarchs and assets of its central bank pic.twitter.com/vaI7dqda74
"Traballaremos coa CPI e axudaremos a establecer un tribunal especializado para xulgar os crimes de Rusia", engadiu.
Ademais, a política alemá sinalou que a UE e os seus socios se asegurarán "de que Rusia pague a devastación que causou cos fondos conxelados dos oligarcas e os activos do seu Banco Central".
Os líderes da UE encomendaron en outubro pasado á Comisión que buscase opcións legais para incautarse dos activos rusos actualmente conxelados baixo as sancións. Está previsto que este mércores o Executivo comunitario presente as opcións legais para confiscar bens estatais e privados rusos como unha forma de pagar a reconstrución de Ucraína.