Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bruxelas propón un título europeo válido nos 27 países

Bruxelas propón un título europeo válido nos 27 países

Actualmente, un grao obtido por exemplo en Alemaña non se está homologando automaticamente en España

G24.gal 28/03/2024 14:24

Bruxelas quere dar un paso máis na educación comunitaria. Propón crear diplomas europeos. 
Títulos universitarios que sexan recoñecidos de xeito automático en toda a Unión Europea, eliminando trámites burocráticos complexos.

Actualmente, un grao obtido por exemplo en Alemaña non se está homologado automaticamente en España.

A proposta pasa agora por compartir os mesmos programas nas universidades dos distintos países. Os requisitos deberán estar acordados polos Vinte e sete.

A iniciativa busca favorecer que o alumnado europeo poida estudar no país que decida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade