Bugallo recupera a Leiceaga para a política local de Santiago
Bugallo recupera a Leiceaga para a política local de Santiago
O actual senador volverá a onde xa fora concelleiro socialista, tamén con Bugallo como alcalde
O PSOE local de Santiago, liderado polo alcalde e aspirante a revalidar o cargo Xosé Sánchez Bugallo, aprobou a candidatura para as eleccións municipais de maio co actual senador Xoaquín Fernández Leiceaga como número tres.
Así, despois de pasar polo Parlamento de Galicia e pola Cámara Alta, Leiceaga volverá ao Concello de Santiago, no que xa fora concelleiro socialista, precisamente con Bugallo como alcalde.
Conforme a iso, o resto da lista é bastante continuísta respecto ao actual mandato, xa que, entre outras, Mercedes Rosón, actual tenente de alcalde, volve repetir como número dous da candidatura.
Primeiros postos
— PSdeG-PSOE Santiago (@psdegsantiago) March 9, 2023
1. Xosé Antonio Sánchez Bugallo
2. Mercedes Rosón
3. Xaquín F. Leiceaga
4. Mila Castro Sánchez
5. Gumersindo Guinarte
6. Marta Abal
7. Gonzalo Muíños
8. Marta Álvarez Vázquez
9. Toño Bermúdez . Independente.
10. Isabel Gómez Cambón. Independente pic.twitter.com/diUU5VK7Or