Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscan dúas persoas implicadas nunha agresión cunha barra de ferro en Pontevedra

Buscan dúas persoas implicadas nunha agresión cunha barra de ferro en Pontevedra

Tanto o agresor como outra persoa que presenciou os feitos fuxiron e deixaron o ferido no lugar da liorta, preto dunha gasolineira de Monte Porreiro

Lugar en que se produciu a agresión Lugar en que se produciu a agresión
G24.gal 21/06/2024 15:58

A policía busca dúas persoas que fuxiron despois de verse implicadas nunha agresión cunha barra de ferro en Pontevedra. A pelexa produciuse arredor das 15 horas da tarde do xoves xunto a unha gasolineira de Monte Porreiro.

Un particular avisou o 112 de que dúas persoas estaban pelexando e unha lle batera a outra cunha barra de ferro. Ao chegar ao lugar, o agresor fuxira e o agredido estaba ferido. Precisou atención sanitaria e foi atendido in situ, pero rexeitou que o levaran ao hospital na ambulancia.

Na pelexa habería unha terceira persoa implicada que presenciou os feitos, pero marchou, igual que o agresor. A Policía Local de Pontevedra activou un dispositivo para buscalos, pero polo momento non deron con eles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade