Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscan un home de 80 anos que desapareceu o domingo en Friol

Buscan un home de 80 anos que desapareceu o domingo en Friol

Xosé Luis Rodríguez levaba pantalóns de cor marrón, chaqueta negra, botas e unha gorra

Case un cento de veciños colaboran na busca cos equipos de emerxencias

O coche apareceu nunha pista forestal próxima á propiedades que adoitaba visitar

Xosé Luis Rodriguez ten 80 anos, sospeitan que puido desorientarse
G24.gal 07/09/2022 13:48

Un amplo dispositivo de busca intenta dar en Friol co paradoiro dun veciño de 80 anos do que nada se sabe desde o domingo. Xosé Luís Rodríguez adoita saír só a pasear e ver as súas propiedades.

O domingo foi no coche. Pero non regresou ao mediodía, e a familia comezou a buscalo. Atoparon o vehículo nesta pista forestal, pero de Xosé Luís, nin rastro, como explica o seu fillo Xosé Manuel.

Xosé Luís levaba postos uns pantalóns marróns, chaqueta negra, botas e unha gorra. Malia que non ten ningún problema de saúde grave, a familia cre que se puido desorientar cando saíu a camiñar.

Desde o luns, ducias de veciños sumáronse á busca. No operativo, coordinado pola Garda Civil, participan Policía Local, membros ds GES e a unidade canina. Peitean a zona próxima á pista onde apareceu o coche e onde unha veciña di ter visto a Xosé Luís o domingo á tarde.

Está previsto que se incorporen á busca un helicóptero e os drons da Axencia Galega de Emerxencias cando pare de chover.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade