Campaña contra as toalliñas que atrancan a rede de saneamento en Barbadás
O ano pasado sacaron 24 toneladas destes residuos dos sumidoiros e a depuradora
Pídenlles aos cidadáns que as boten o lixo e que nunca as tiren as polo váter
Polo ben do medio ambiente, aconsellan reducir o seu uso o empregar variantes que sexan biodegradables
Case todo o mundo di saber como hai que desfacerse das toalliñas húmidas despois de usalas. A maioría asegura que as bota ao lixo e nunca polo váter, pero as redes de saneamento evidencian que hai moita xente que non o fai.
En Barbadás, o ano pasado sacaron máis de 24 toneladas destes residuos da depuradora, e dos sumidoiros un 5 % máis que o ano anterior.
"Desde hai uns anos para aquí si que vemos un crecemento case exponencial", di Santiago Rodríguez, xefe de Servizo de Viaqua en Ourense.
"O 99 % das avarías son atasques provocados por acumulación de toalliñas que teñen un compoñente plástico importante que fai que non se disolvan na auga".
A mensaxe de que as toalliñas son un problema non acaba de callar. E en vista de que vai a máis, o Concello de Barbadás decidiu lanzar unha campaña para concienciar os veciños das consecuencias do mal uso deste produto de hixiene.
"Provocan avarías nas acometidas das comunidades de propietarios e tamén na rede xeral", di Victoria Morenza, tenente de alcalde de Barbadás.
A campaña pretende concienciar os veciños de que non as tiren polo váter e que as tiren ao lixo
Amais diso, aconsellan reducir o seu uso ou substituílas por outros produtos biodegradables respectuosos co medio ambiente.