Cargando resultados...
Buscan un home de 93 anos desaparecido en Santiago dende o sábado
Buscan un home de 93 anos desaparecido en Santiago dende o sábado
É Aser Núñez Pazos, de complexión delgada, calvicie total e lentes graduadas
Cartel difundido pola asociación SOS Desaparecidos
G24.gal
14/07/2024 17:15
Última actualización 14/07/2024 18:32
Un home de 93 anos, usuario dunha residencia compostelá, permanece en paradoiro descoñecido dende hai 24 horas. Perdéronlle a pista na tarde do sábado na zona de San Marcos.
O propio centro de maiores alertou o 112 que avisou ás forzas de seguridade. Fontes policiais confirmaron que se presentou denuncia pola súa desaparición.
Segundo informa a asociación SOS Desaparecidos, é Aser Núñez Pazos, un home de complexión delgada, calvicie total, lentes graduadas e algo máis de metro e medio de estatura.