Buscan unha muller de 52 anos desaparecida en Castroverde
Buscan unha muller de 52 anos desaparecida en Castroverde
A muller saíu en mallas e chanclas e non volveu, polo que a familia deu a voz de alarma
Veciños e familiares colaboran no dispositivo de busca, que non atopou ningunha pista
Amplo dispositivo na parroquia de Barredo, en Castroverde, na procura dunha muller de 52 anos que falta da súa casa desde a noite de onte. Ao parecer sofre desde hai algún tempo problemas psiquátricos. Vive con tres fillos, o seu pai e o seu home. A súa familia deu a voz de alarma.
Nun primeiro momento a busca centrouse nas inmediacións da súa vivenda, en Francelos de Abaixo. A muller, de complexión forte, saíu da casa, ao parecer, pouco abrigada, con mallas e en chanclas.
Os veciños están moi preocupados. Varios deles participaron no dispositivo xunto aos axentes da Garda Civil e efectivos de Protección Civil, que mesmo chegaron entrar en igrexas, pendellos e outros espazos, sen lograr ningunha pista que poda axudar a atopar a muller.