Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan unha presunta rede de explotación laboral en Castroverde

Investigan unha presunta rede de explotación laboral en Castroverde

Aproveitábanse da vulnerabilidade de inmigrantes sen papeis

Poñían as mulleres ao coidado de persoas maiores

G24.gal 31/05/2022 20:34 Última actualización 31/05/2022 20:42

O xulgado está en plena instrución. Investiga unha presunta trama que utilizaba mulleres inmigrantes en situación irregular para coidar a domicilio como internas persoas maiores ou con discapacidade. Aproveitábanse da situación de vulnerabilidade das mulleres ao tempo que enganaban as familias que contrataban os seus servizos.

Waldir Sinisterra, avogado de varias mulleres afectadas: "Eran mulleres sen documentación e esta persoa contratábaas para o coidado de maiores ou persoas con discapacidade, condición para a que non estaban formadas".

A empresa investigada é unha axencia de servizos sociosanitarios situada en Castroverde dirixida por unha muller e a súa filla pero no procedemento figuran como investigadas outras cinco persoas que se considera puideron ser colaboradoras.

Waldir Sinisterra, avogado de varias mulleres afectadas: "A xerente da empresa dicíalles ás mulleres que se lle preguntaban pola súa situación dixeran que tiñan contrato, que estaban dadas de alta na Seguridade Social e que estaban cualificadas para coidar esas persoas".

A empresa, que agora está en liquidación, pagáballes presuntamente ás mulleres entre 600 e 1.000 euros por traballar máis de 12 horas diarias de luns a domingo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade