Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscan unha muller de 54 anos desaparecida no Carballiño

Buscan unha muller de 54 anos desaparecida no Carballiño

A busca está centrada no río Arenteiro, onde apareceu o paraugas que levaba

Os mergulladores da Garda Civil sumáronse ao dispositivo de rastrexo

G24.gal 16/01/2024 08:34 Última actualización 16/01/2024 16:20

O Carballiño segue conmocionado pola desaparición de María Ángeles, unha veciña de 54 anos que non volveu á casa desde este domingo, cando saíu pasear. Ía sen teléfono móbil e o seu paraugas apareceu na ponte sobre o río Arenteiro, a zona onde se centraron os labores de procura. Este martes incorporáronse á busca os mergulladores da Garda Civil. 

"Estamos actuando co grupo de mergulladores da Garda Civil que viñeron da Coruña para peinar a zona do río onde se puido precipitar a desaparecida, todo o cauce do río ata unha présa que sería o último sitio no que podería estar, no caso de que caera ao río como pensamos", explicaba Fabio Rosón da Garda Civil do Carballiño.

María Ángeles Míllara reside en Santiago de Compostela, pero pasaba uns días con seu pai no lugar de Mesego. Precisamente foi a súa familia a que denunciou a desaparición. A garda civil pensa que se precipitou ao río e que puido ser de xeito intencionado.

A pesar deste tempo chuvioso, os mergulladores teñen bastante boa visibilidade para continuar coas tarefas de busca nas augas do Arenteiro. No operativo participan efectivos da Garda Civil, membros do Grupo de Emerxencias do Carballiño e de Ribadavia, bombeiros do Carballiño e voluntarios de Protección Civil ademais dos veciños da contorna.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade