Búscanse familias de acollida para atender menores na provincia de Ourense
Búscanse familias de acollida para atender menores na provincia de Ourense
Nenos acabados de nacer e grupos de irmáns son os perfís con máis dificultade de acollida
Hai 56 familias dispostas para acoller 40 menores desatendidos
Patricia acode ao centro da Cruz Vermella de Ourense para recoller o menor de idade que acolle na súa casa. Ela forma parte dunha das 56 familias de acollida que hai na provincia dispostas a dar un fogar a menores que están a pasar problemas serios e que non poden estar baixo a tutela dos seus pais. Di que se trata dunha enorme responsabilidade pero que o esforzo paga a pena porque, asegura, estase a axudar os adultos do futuro.
Cruz Vermella lembra que os acollementos non son adopcións e mesmo que está prohibido que as familias que acollen os menores poidan despois adoptalos. Trátase dun recurso para que os cativos poidan ter un fogar temporal antes de regresar cos pais biolóxicos ou saír en adopción. En Ourense hai 40 menores en acollida, pero agora precísanse urxentemente familias ou persoas que vivan soas para acoller nenos acabados de nacer e grupos de irmáns.
Os técnicos da Cruz Vermella e a Xunta acompañan en todo momento as familias de acollida para resolver calquera dificultade no proceso.