Publicador de contidos
Publicador de contidos

Autobuses de balde para acceder aos embarcadoiros da Ribeira Sacra

Autobuses de balde para acceder aos embarcadoiros da Ribeira Sacra

Comunican Monforte e Castro Caldelas co peirao de Doade

Pretenden reducir o tráfico rodado nestas zonas na Semana Santa

G24.gal 23/03/2024 13:14 Última actualización 23/03/2024 15:33

Xa están a punto os buses gratuítos que durante a Semana Santa van trasladar turistas dende as localidades de Monforte e Castro Caldelas ata os embarcadoiros de Doade.

Ademais de para dar servizo, o obxectivo é desconxestionar o tráfico e os aparcadoiros nunhas zonas moi estreitas, con curvas perigosas e pouco accesibles. Confían en reducir o tráfico ao longo da semana.

"Hai pouco sitio para aparcar e a estrada é moi estreita. Así circúlase mellor se hai poucos coches", conta Juan Santiago, condutor do autobús.

"Chegamos onte de noite e non foi fácil moverse por estas estradas".

Polo demais, aínda que a Semana Santa acaba de comezar, xa se percibe en toda a Ribeira Sacra a chegada masiva de turistas. Queren aproveitar estes primeiros días de bo tempo para desfrutar da natureza e chegan, sobre todo, doutras zonas de España.

"Sempre se fala da costa e o interior é moi bonito".

"Estamos encantados con estas paisaxes".

Para poder viaxar nos buses gratuítos é necesario facer unha reserva previa a través da páxina web do consorcio de turismo da Ribeira Sacra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade