Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cabo acada en Ziérbena o mellor resultado da temporada

Cabo acada en Ziérbena o mellor resultado da temporada

G24.gal 07/07/2024 14:25

O sétimo posto conseguido na Bandeira de Ziérbena foi o mellor da temporada para o equipo boirense de Cabo da Cruz. Un resultado co que non abandona o noveno posto pero que lle serve para distanciar os postos de perigo. Os equipos galegos saían na temporada coa intención de afastar canto antes as dúas últimas prazas, algo que non conseguiu Bueu. Nas catro regatas disputadas ocupou o último posto e terá moito que mellorar si non quere verse afundida na táboa clasificatoria. Na zona alta o que está intratable é Urdaibai. Hondarribia discutiulle o cuarto triunfo consecutivo pero tivo que claudicar diante do poderío do cadro bermeano. 

Na categoría feminina os dous equipos galegos, Cabo e Tirán, ocuparon as últimas prazas. Tirán tamén pecha a clasificación pero para Cabo non foi unha mala fin de semana logo do quinto posto acadado en Donostia. Ao rematar a segunda fin de semana de competición está fóra do descenso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar