Cabo da Cruz métese na Concha co cuarto mellor tempo
Cabo da Cruz métese na Concha co cuarto mellor tempo
Ares quedou a un segundo de entrar nos sete elixidos
Cabo da Cruz realizou a mellor regata da temporada e meteuse na final da Bandeira da Concha co cuarto mellor tempo. O equipo de Boiro fixo unha clasificatoria perfecta, marcando un gran tempo no primeiro longo no que colleitou dez segundos de vantaxe cos rivais directos pola praza. No longo de volta mantivo o ritmo e acabou ocupando un cuarto posto co que nin os máis optimistas contaban. Estará por décima ocasión na gran final, a só catro de Tirán, o equipo galego que máis veces participou en San Sebastián.
Ares quedou ás portas
Ziérbena, Bermeo, Orio, Hondarribia e Getaria cumpriron os prognósticos e lograron a clasificación. O último posto decidiuse por un só segundo. Kaiku marcou 20:15. Os nervios duraron ata o final cando o equipo de Ares, campión da Liga Galega, realizou 20:16 e quedou a un só segundo de estar na Concha por segunda vez na súa historia.