Cabo defenderá a honra do remo galego na Bandeira da Concha
Cabo defenderá a honra do remo galego na Bandeira da Concha
Os de Boiro metéronse na clasificatoria masculina co quinto mellor tempo e o domingo estarán na segunda quenda
Na clasificatoria da Bandeira da Concha masculina houbo máis sorte que na feminina. Cabo da Cruz fixo o quinto mellor tempo e representará o remo galego na final. Será a súa novena participación na Concha. Os de Boiro realizaron unha gran regata marcando moi bos tempos en todos os parciais.
Ares tamén acabou cun bo tempo pero quedou a dez segundos do corte. O domingo estará Cabo na primeira xornada da Concha, un equipo que tivo unha dedicatoria moi especial para os seus compañeiros do club de Rianxo.
O resto de equipos que estarán na primeira xornada serán a Donostiarra, como organizador, Ziérbena, Orio e Hondarribia que remarán na primeira quenda e Getaria, Ondarroa e Urdaibai que acompañarán a Cabo da Cruz na segunda quenda.