Publicador de contidos
Publicador de contidos

Urdaibai e Arraun non deixan nin as fungallas na Bandeira da Concha

Urdaibai e Arraun non deixan nin as fungallas na Bandeira da Concha

Os dous favoritos arrasaron na segunda xornada e levaron unha clara vitoria

Chapela acabou de sexta na categoría feminina e Cabo acabou de oitava na masculina

G24.gal 08/09/2024 17:31

O dominio de Urdaibai prolongouse na segunda xornada da Bandeira da Concha. Volveu a impoñerse por diante de Zierbena, segunda, e Donostiarra, terceira, e sacoulle ás dúas máis de trinta segundos no sumatorio de tempos entre as dúas xornadas. Con tres galegos no seu equipo titular -David Iglesias, Diego Pérez e Alberto Casolas- o equipo de Bermeo sumou a terceira Concha consecutiva cun dos maiores dominios que se recordan na chamada olimpíada do remo. 

Cabo da Cruz tivo mellores sensacións que na primeira xornada, meteulle dez segundos a Kaiku na pelexa polo sétimo posto pero os 16 perdidos na primeira tirada foron unha lousa demasiado pesada e non puido evitar a última posición. 

Bo sabor de boca para Chapela na feminina

Na categoría feminina Chapela completou un gran papel asinando un sexto posto final, o mellor da súa historia nas tres participacións que tivo na Concha. Quedou por diante de Kaiku e dunha decepcionante Hibaika e preto de Astillero, que será rival das galegas no play off de ascenso á Liga Euskotren. A vitoria foi para Arraun Lagunak, con dúas galegas no catorce titular, a segunda consecutiva para o equipo de San Sebastián. O triunfo foi dunha superioridade semellante á de Bermeo na masculina. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos