Urdaibai e Arraun Lagunak festexan a Bandeira da Concha
Urdaibai e Arraun Lagunak festexan a Bandeira da Concha
Cabo da Cruz defendeu a honra do remo galego cun sexto posto na regata masculina
Na Bandeira da Concha os favoritos conseguiron erguer a bandeira máis prestixiosa da temporada. Arraun Lagunak e Urdaibai conseguiron a vitoria.
Na categoría feminina chegaban catro traiñeiras en catro segundos, todas con opcións de título. Arraun e Orio saíron moi fortes, pero xusto antes da virada foron as de San Sebastián as que acadaron uns segundos de vantaxe que serían decisivos. Aguantaron no segundo longo e no treito final aumentaron a diferenza sobre Donostiarra, que ao final conseguiu ser a segunda. As galegas Alejandra Ríos e Bea Piñeiro celebraron a vitoria no equipo de Arraun.
Os galegos Diego Pérez e David Iglesias fixérono na masculina. Urdaibai logrou o sétimo triunfo en San Sebastián. Só Ziérbena incomodou o triunfo dos de Bermeo. A traiñeira adestrada polo galego Dani Pérez Fandiño fixo unha moi boa primeira quenda e durante moitos minutos ameazou con recuperar os sete segundos que perdera na primeira xornada. Pero Urdaibai acabou impoñendo o seu extraordinario potencial e levando o triunfo. Cabo da Cruz volveu gañar o duelo con Getaria e logrou a sexta posición poñendo nun nivel alto o remo galego.