Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os tres primeiros, en tres segundos no Rally Rías Baixas

Os tres primeiros, en tres segundos no Rally Rías Baixas

Ruiloba encabeza a clasificación con Cachón no segundo posto e Cohete Suárez como terceiro clasificado

Jorge Cagiao e Javier Pardo, cuarto e quinto, son os mellores galegos

G24.gal 05/07/2024 16:06 Última actualización 05/07/2024 21:57

Diego Ruiloba, co seu Citroen C3, marcha en primeira posición do Rally Rías Baixas despois da disputa dos catro primeiros treitos puntuables. A igualdade é máxima con Alejandro Cachón na segunda praza a 2,9 segundos e José Antonio "Cohete" Suárez, líder do Supercampionato de España, na terceira posición a 3,0 segundos. 

Os cuarto e o quinto son dous galegos; Jorge Cagiao e Javier Pardo. Malia estar a menos de trinta segundos parece moi difícil que poidan pelexar polo podio polo gran nivel que están amosando os tres pilotos asturianos. 

Suárez comezou marcando o scratch nos dous primeiros treitos pero logo chegou o momento de Cachón e Ruiloba que foron os máis fortes no terceiro e cuarto treitos. 

Para mañá queda o groso do Rally Rías Baixas coa disputa de seis treitos cronometrados. O de Salceda (TC+ e o que pechará o Rally) semella que pode decidir o gañador e verémolo en directo na G2 e Agalega.gal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade