Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cae do tellado dunha casa en Vigo cando contemplaba os fogos de Bouzas

Cae do tellado dunha casa en Vigo cando contemplaba os fogos de Bouzas

Precipitouse por un buraco desde unha altura duns oito ou nove metros

Rescatouno a Policía Local nunha acción complicada porque o inmoble estaba tapiado e en obras

En primeiro termo (coas fiestras vermellas), edificio desde o que se precipitou o mozo (TVG)
G24.gal 22/07/2024 10:03 Última actualización 22/07/2024 14:17

Un mozo de 22 anos tivo que ser trasladado polos servizos sanitarios tras precipitarse desde un tellado dunha vivenda en obras mentres contemplaba os fogos artificiais das festas de Bouzas, que se celebraron este domingo en Vigo.

"Chamoume unha señora á casa para preguntarnos se estabamos ben porque estaban a policía e a ambulancia". 

"Si, estaba no noso local ao parecer, o raparigo; saíu, subiu ao tellado e de aí caeu. E viñeron rápido a ambulancia e os equipos de emerxencia coa cantidade de xente que había aquí, chegaron en moi pouco tempo".

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron pasadas as 23:00 horas na Praza de Urzaiz. A esa hora, unha persoa contactou co servizo de emerxencias para pedir axuda, xa que un home se precipitara por un buraco desde unha altura duns oito ou nove metros. Ademais, na súa comunicación sinalaba que era complexo acceder ao ferido debido ás condicións en que se atopaba o inmoble: tapiado e en obras.

"Subiu e xa caeu porque isto está totalmente en ruínas e xa chamaron a policía e tiraron a porta abaixo. O home estaba todo ensanguentado".

"Xa estaba toda a rúa cortada e todos quedamos ao outro lado da rúa e non podían acceder".

"Si, un bo susto,kl porque eu creo que o rapaz se fixo bastante dano".

Con estes datos, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112 Galicia) solicitaron a intervención dos Bombeiros de Vigo e dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron á rúa de Sebastián Elcano unha ambulancia de soporte vital avanzando en que foi evacuado o ferido ao Hospital Álvaro Cunqueiro. O home ía consciente, aínda que con diversas lesións. 

Tal e como trasladou a Policía Nacional ao 112, o mozo subira a ese tellado para poder contemplar os fogos artificiais das festas de Bouzas. No operativo tamén interviñeron os axentes da Policía Local, cuxos axentes conseguiron rescatalo entre os cascallos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade