Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cae unha rede de narcotráfico localizada en Barcelona

Cae unha rede de narcotráfico localizada en Barcelona

A organización traficaba con marihuana entre España e outros países europeos

Hai 54 detidos de nacionalidade española que actuaban como "grosistas da droga"

Branqueaban diñeiro a través de investimentos inmobiliarios e criptomoedas

Imaxe dun detido da operación policial. (Policía Nacional)
G24.gal 15/05/2024 10:11

A Policía Nacional, nunha operación conxunta coa Europol en que tamén participaron axentes de Polonia e Finlandia, desarticulou unha rede de narcotráfico cuxo centro neurálxico estaba situado en Barcelona. 

A operación, levada a cabo o 23 de abril, saldouse con 54 detidos de nacionalidade española que actuaban como "grosistas da droga", provendo de marihuana narcotraficantes situados noutros países europeos como Alemaña, Finlandia, Francia ou Suecia.

A banda seguía os parámetros do chamado clan-based crime da Europol, é dicir, estruturas criminais baseadas en lazos de sangue que aseguran a lealdade e dificultan a intervención policial. Dita intervención policial requiriu a colaboración de axentes especializados debido á violencia coa que actuaba a organización.

Este clan de narcotraficantes branqueaba o diñeiro mediante inversións inmobiliarias e criptomoedas e, nos 18 rexistros realizados ata agora, encontráronse 3.000 euros en criptomoedas e oito propiedades por valor de 1.555.000 euros, ademais de 600 quilos de marihuana, 34.000 euros en efectivo e 5 armas de fogo.

A droga producíase principalmente en zonas do extrarradio de Xirona ou Granada, localizacións de gran conflitividade social que dificulta o traballo da policía. Ademais, a organización cambiou o seu modus operandi respecto á súa produción, pasando de vender heroína a marihuana debido a súa ascendente demanda no continente europeo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade