Cae WhatApp tres horas esta mañá en todo o mundo
Cae WhatApp tres horas esta mañá en todo o mundo
O servizo de mensaxería caeu entre as 7:45 e as 10:50 horas
As redes sociais enchéronse de memes reportando a noticia
A aplicación de mensaxería instantánea WhatsApp sofre incidencias en todo o mundo desde as 7:45 horas desta mañá, hora española, segundo a páxina Downdetector, que monitoriza en tempo real as incidencias que se rexistran nas principais redes sociais.
Esta aplicación conta con máis de 2.000 millóns de usuarios en todo o mundo, permite recibir e enviar mensaxes gratuitamente, polo que xa substituíu e desprazou en moitos casos os servizos máis tradicionais, como SMS.
Os fallos deste servizo, un dos máis populares e utilizados polos usuarios de todo o mundo, está sendo reportado por milleiros de persoas nas redes sociais, onde xa se converteu en tendencia e que se están enchendo de memes.
— julita🦦💿✨ (@juuliaperezz) October 25, 2022
Todos entrando en Twitter para confirmar que se ha caído Whatsapp! 🤣😂🤣🤣 pic.twitter.com/nQKu5nfIUy
— Sergio. (@sxrgiorbb) October 25, 2022