Cargando resultados...
Caen as expectativas de gasto pola inflación
Caen as expectativas de gasto pola inflación
As familias, máis prudentes á hora de planear compras de bens duradeiros
As rendas baixas reducen o gasto para afrontar a suba da enerxía
Antón Montero
10/08/2022 19:35
A suba dos prezos está levando ás familias a seren máis prudentes á hora de embarcarse na compra de bens duradeiros.
Segundo o último informe do Banco de España, as expectativas de gasto en automóbiles ou electrodomésticos comezaron a diminuír desde o inicio da guerra de Ucraína, e coincidindo cunha maior preocupación pola evolución da inflación.
O estudo tamén sinala unha caída dos gastos ordinarios entre as familias de rendas baixas para facer fronte ao encarecemento da enerxía.