Calcinadas dúas casas en Laza nun virulento incendio
Calcinadas dúas casas en Laza nun virulento incendio
As familias propietarias non estaban nese intre dentro e non houbo danos persoais
Investigan se a orixe do lume está nunha estufa de leña que prenderan minutos antes para quentarlle a casa á familia que viña pasar o Entroido a Laza
Alberto e os seus pais aínda non poden cren que o lume arrasase en minutos a súa casa familiar. Todos os recordos, enseres e muebles, calcinados. Din estar moi tristes e afectados. Non vivían aquí todo o ano, pero pasan tempadas, precisamente hoxe ían vir para pasar o entroido en Laza e pedíranlle a un parente que lle fora quentando a casa.
Conta o veciño, que encendeulles a estufa e en minutos comezou a arder, colleu unha mangueira pero non puido facer xa nada. Estase investigar a orixe do incendio pero todo apunta a que foi pola estufa de leña. As virulentas lapas pasaron axiña á outra casa lindeira que quedou tamén completamente queimada e o traballo dos veciños contra as lapas evitaron que se calcinase outra terceira casa.
Moita tristura hoxe nesta aldea ao veren como dúas familias quedaron sen a súas casas. Oito horas despois os bombeiros de Verín e o GES de Laza seguían intentando extinguir o lume. E todos os veciños colaboraron nas tarefas. Das dúas casas quedaron só as paredes, o seu desexo agora é reconstruílas.