Calero sobre Santi Mina: "Somos conscientes da situación, mais temos que cumprir a lei"
Calero sobre Santi Mina: "Somos conscientes da situación, mais temos que cumprir a lei"
O coordinador deportivo do R. C. Celta foi claro no tema Santi Mina
"Gabri non está en venda, mais vánnolo comprar"
Despois da presentación de Carles Pérez, saíu á conferencia de prensa Juan Carlos Calero, coordinador deportivo do R. C. Celta.
O executivo falou sobre Santi Mina e afirmou que pese a que no club sexan conscientes da situación, teñen que cumprir a lei. O club buscará a forma de facer saír cedido o xogador, o igual que a tempada pasada. Parece moi complexo que o club lle rescinda o contrato.
Non foi o único tema espiñento que tivo que tocar Calero, pois tamén xurdiu o de Gabri Veiga. Deixou claro que a intención do club é non vender o xogador, mais no Celta pensan que algún equipo pagará a súa cláusula.
Tamén semella que podería ser vendido o central ghanés Aidoo, mais aclarou: "Por Aidoo non tivemos ningunha oferta"
Chegarán fichaxes, pero a directiva pide calma e agarda á volta da minixira polo Algarve, pois "Benítez precisa coñecer o cadro de xogadores".