Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cambados pecha unha nova edición da súa Festa do Albariño

Cambados pecha unha nova edición da súa Festa do Albariño

As adegas, contentas coa afluencia de xente e as vendas

G24.gal 04/08/2024 14:33 Última actualización 04/08/2024 20:23

A Festa do Albariño de Cambados, declarada de Interese Turístico Nacional, é un dos encontros enogastronómicos máis importantes de España e, por tanto, un escaparate para os viños participantes. Nesta edición, a número 72, expuxeron os seus caldos 44 adegas.

O albariño, amparado pola denominación de orixe Rías Baixas, está considerado un dos mellores brancos do mundo. A festa durou cinco días e estivo amenizada con pasarrúas, disc-jóckey e concertos de todo tipo.

Capítulo serenísimo

Tras cinco días de exaltación da cultura do Albariño, este domingo celebrouse o chamado Capítulo serenísimo, acto en que se nomean os novos embaixadores deste viño.

A denominación Rías Baixas, que emprega 5.000 viticultores, marca como obxectivo seguir medrando nos mercados internacionais e garantir a remuda xeracional.

O presidente Alfonso Rueda, que exerceu de Gran Mestre, destacou o papel do Albariño como reclamo turístico e avanzou que Galicia pode rematar este ano con récord de visitantes, superando os oito millóns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade