Cambio drástico das temperaturas
Cambio drástico das temperaturas
Semana de profundos contrastes no tempo
Unha masa de aire frío procedente do norte despraza o aire cálido dos últimos días
Unha masa de aire atlántica é a responsable deste cambio drástico do tempo
"A formación hai uns días dunha borrasca, que os irlandeses chamaron borrasca Betty, fixo que o aire frío fora gañando intensidade e a partir de agora é o que nos vai ir tocando, esta zona de aire frío que entra sobre Galicia que fai descender bruscamente os termómetros", explica Juan Taboada, de Meteogalicia.
Un descenso que xa se deixa notar. No litoral van ter dificultades para chegar aos 25 e no interior os termómetros marcarán por debaixo dos trinta durante esta fin de semana
"Se comparamos as máximas do martes e o mércores coas máximas previstas para sábado e domingo atoparemos cambios de ata 15 graos centígrados" continúa Taboada.
Tamén vai vir algo de choiva, pero pouca:
"Moi escasa, si, a verdade é que a precipitación non vai ser a que marque a fin de semana, pero si é un risco que imos ter".
Nesta fin se semana haberá quen teña que facer un cambio de plan.
"Se tivese que describir esta fin de semana pois sería unha fin de semana un pouco por debaixo da expectativa no verán, pero sen apenas precipitacións, con máis nubes e con menos temperatura da que sería habitual", resume Taboada.