Publicador de contidos
Publicador de contidos

CAMGAL, o plan galego de resposta ante a contaminación mariña

CAMGAL, o plan galego de resposta ante a contaminación mariña

Organiza a resposta dos medios galegos ante emerxencias por verteduras na costa

Define protocolos de actuación e emite información útil para axilizar a xestión das crises

 

G24.gal 10/11/2022 15:14

Cada ano pasan polas costas galegas 14.000 buques con cargas perigosas ou contaminantes. Para organizar a resposta en caso de emerxencia, en Galicia contamos desde o 2012 cun plan propio, o CAMGAL, que mobiliza os medios galegos en coordinación cos estatais e os locais.

"Galicia conta cun servizo de gardacostas propio a diferenza doutras comunidades que ten medios de resposta no mar e ademais a consellería de Medio Ambiente ten organizada a resposta no caso de que a vertedura chegue á costa", explica Garbiñe Ayensa, a xefa da Unidade científica do CAMGAL.

Na sede do Intecmar, en Vilagarcía, teñen dúas unidades de apoio. Unha científica, que hoxe prepara os equipos anticontaminación para o simulacro dunha vertedura mañá en Laxe, e outra centrada nesta plataforma informática. Integra en tempo real todo tipo de datos útiles na emerxencia e ten a capacidade de predicir cara a onde vai a contaminación.

"Grazas a Meteogalicia temos moi bos modelos de correntes, ventos e ondaxe. Son moi precisos e iso nos permite saber moi ben cara onde vai ir a mancha" engade Pedro Montero Vilar, o xefe da Unidade de Observación próxima do CAMGAL.

A ferramenta ten un zoom especial para blindar a protección do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Ademais, en caso de non poder conter a vertedura, especifica cal é o tipo de limpeza máis axeitado en función do tramo de costa afectado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade