Publicador de contidos
Publicador de contidos

Malos cheiros, insectos e suciedade acumúlanse nas rúas da Coruña pola folga de lixo

Malos cheiros, insectos e suciedade acumúlanse nas rúas da Coruña pola folga de lixo

Quitarlles as sancións aos empregados que incumpriron é a condición principal para desconvocar a folga

G24.gal 18/07/2024 10:00

Na Coruña, segue sen haber acordo entre sindicatos e a empresa concesionaria, e o lixo continúa amoreándose nas rúas da cidade. Quitarlles as sancións aos empregados que incumpriron é a condición principal para desconvocar a folga, unha folga que vai camiño de cumprir un mes e que padecen comerciantes e veciños. 

A folga de lixo está levando os veciños e os comerciantes ao límite. Moreas de lixo, mal cheiro e agora tamén a aparición de ratas están convertendo esta folga nun auténtico problema de saúde pública. Algúns quéixanse de non poder utilizar as terrazas dos seus locais de hostalería, outros do incivismo da xente que aproveita para desfacerse de mobles e outros obxectos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade