Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carballo non desbota decretar a alerta sanitaria pola folga na recollida do lixo

Carballo non desbota decretar a alerta sanitaria pola folga na recollida do lixo

Hai lixo a rebordar e malos cheiros nas rúas carballesas por mor deste paro indefinido que chega tras varias xornadas de paros parciais

G24.gal 10/09/2024 14:27

Montañas de lixo amoréanse canda os contedores de Carballo: "Isto e un noxo", escóitase dicir aos veciños. 

Os carballeses levan convivindo con esta situación desde a última semana do mes de xuño: "Imos de folga en folga". "En total, 28 xornadas de paro parcial. Porén desde a noite do domingo pasado viven xa mergullados nunha folga indefinida.

Amais, lamentan que non se esquecen de cobrar, pero si de recoller o lixo: "Os impostos pagámolos". 

Desde o Concello informan de que xa lle abriron un expediente á concesionaria do servizo polos incumprimentos dos servizos mínimos, cuxa sanción oscila entre os 30.0000 e os 300.000 euros. Agora, din, vanlle abrir outro polos incumprimentos do mes de agosto.

Con esta situación, non desbotan decretar a alerta sanitaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade