Cargando resultados...
Volve haber folga de lixo en Carballo por terceira vez este verán
Volve haber folga de lixo en Carballo por terceira vez este verán
Aínda se perciben na rúa os efectos do paro anterior
En caso de non chegar a acordo para o día 22 pasará a ser indefinida a partir do 8 de setembro
Lixo acumulado nun colector de Carballo
G24.gal
12/08/2024 15:55
Última actualización 12/08/2024 16:11
Volve haber folga na recollida do lixo en Carballo, por terceira vez este verán e cando aínda se notan na rúa os efectos do último paro. Desta volta durará ata o día 22, se non se resolve antes o conflito laboral.
O lixo aos poucos comeza a amorearse nos colectores de Carballo nesta terceira xeira de protestas. Nos paros do mes de xullo o Concello expedientou a Urbaser por incumprimento dos servizos mínimos.
En caso de non chegar a acordo antes do día 22 a empresa concesionaria e os sindicatos, a folga pasará a ser indefinida a partir do 8 de setembro.