Cargando resultados...
Os traballadores da recollida do lixo de Carballo desconvocan a folga
Os traballadores da recollida do lixo de Carballo desconvocan a folga
O persoal aprobou por unanimidade a última proposta da empresa concesionaria
Urbaser e os traballadores da recollida do lixo de Carballo chegan a un preacordo
G24.gal
13/09/2024 14:01
Última actualización 13/09/2024 14:58
Semella que esta imaxe do lixo apestando as rúas de Carballo ten os días contados. Despois de meses de desencontros, os traballadores da recollida aceptaron por unanimidade a última proposta de Urbaser e os Servizos Galegos de Lacería. Nela recóllese unha suba salarial media do 5 % e unha mellora substancial nas condicións do persoal.
Deste xeito a folga desconvocuse logo de 28 xornadas de paros parciais e dunha folga indefinida que iniciaron o domingo, e cando xa o Concello de Carballo valoraba activar a alerta sanitaria.