Publicador de contidos
Publicador de contidos

Campaña masiva na fin de semana de vacinación pediátrica contra a gripe

Campaña masiva na fin de semana de vacinación pediátrica contra a gripe

Todos os hospitais abren sábado e domingo para inmunizar menores de seis meses a cinco anos

G24.gal 26/11/2022 14:04 Última actualización 26/11/2022 16:54

A proba de hai unha semana en Santiago para vacinar menores de entre seis meses e cinco anos nos hospitais durante a fin de semana funcionou, así que este sábado e domingo esténdese ao resto de centros galegos. 

Ante o aumento das urxencias pediátricas hospitalarias e tamén nos centros de saúde por virus respiratorios, as autoridades sanitarias fan un chamamento á prevención. A administración masiva da vacina faise nos 14 hospitais de todas as áreas sanitarias.

Hospital Álvaro Cunqueiro

No Álvaro Cunqueiro de Vigo, as familias aproveitaron que non hai colexio nin traballo para achegarse ao hospital. Dende o mércores, foron recibindo un SMS citándoos para este sábado e domingo.

O Sergas pretende darlle un impulso a unha campaña, a da vacinación pediátrica da gripe, que comezou en outubro e que aínda non chega ao 40 % dos menores entre os seis meses e os cinco anos. 

A preocupación ante o incremento das afeccións respiratorias, catarros, gripes, e coronavirus, que sobrecargan as urxencias pediátricas, está levando a moitos pais e nais ata o seu hospital de referencia.

A consellería de Sanidade insiste en que vacinar menores contra a gripe reduce as posibilidades dunha hospitalización e frea os contaxios, xa que son unha gran correa de transmisión dos virus. Tamén do da gripe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade