Publicador de contidos
Publicador de contidos

Campo Lameiro é unha das dez finalistas da Capital de Turismo Rural 2023

Campo Lameiro é unha das dez finalistas da Capital de Turismo Rural 2023

Entidades locais lanzan unha campaña para que a súa candidatura sexa a gañadora final 

O Parque Arqueolóxico destaca o valor dos gravados da zona para apoiar a campaña

Pódese votar na web de Escapada Rural ata o día 27 de abril 

G24.gal 06/04/2023 14:18

En 2006 Elena Souto decidiu rehabilitar a casa da sua avóa María convencida de que un entorno que ela tanto valora podía ser apreciado e disfrutado por moita máis xente. Nese empeño logrou situar a Campo Lameiro entre os dez finalistas a Capital do Turismo Rural 2023 no portal Escapada Rural. O seu reto está collendo agora outra dimensión coa implicación de moitas entidades locais, incluído o concello, e persoas populares e anónimas de toda Galicia. 

Entre os apoios estratéxicos está o do gran referente patrimonial de Campo Lameiro, o Parque Arqueolóxico que se sumou a campaña municipal de difusión da candidatura. Aquí aproveitan especialmente as datas festivas de Semana Santa para divulgala entre os visitantes, ao tempo que lles explican o gran valor dos gravados milenarios. "É un cervo único; non se coñece ata o de agora un tan grande, nin con tanto detalle e expresividade. Isto é como a Monna Lisa da arte rupestre", explícalles in situ Teresa Portos, unha das guías do parque, diante da figura máis icónica do parque na Laxe dos Carballos. 

"É bo que se coñeza Campo Lameiro tanto a nivel cultural coma natural, porque os petróglifos son un ben patrimonial aínda bastante descoñecido e ser declarado Capital de Turismo Rural sería un pulo bastante importante para dar a coñecer este elemento patrimonial tan importante e característico desta zona".

A campaña fai fincapé tamén nas obras que se conservan do románico e sobre todo no rico patrimonio natural de Campo Lameiro. Pero a poboación local é escasa en comparación coa dos outros lugares que aspiran a Capitalidade por iso os promotores apelan especialmente ao apoio de todo o mundo, pola repercusión que suporía lograr un recoñecemento así.

"Depende de vós, recalca Elena", e anima a facelo porque ademais é un proceso moi sinxelo que se fai a través da páxina web de Escapada Rural: https://www.escapadarural.com/capital-turismo-rural/2023 O resultado saberase o 27 de abril. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade