Publicador de contidos
Publicador de contidos

Canarias asumirá que os menores que cheguen en caiucos son competencia do Estado

Canarias asumirá que os menores que cheguen en caiucos son competencia do Estado

O Goberno insular ameaza con levar o Goberno aos tribunais pola xestión da crise migratoria

O presidente, Fernando Clavijo, acusa a Pedro Sánchez de deslealdade e de abandono de funcións

Xuntaza do Consello de Goberno de Canarias este luns
G24.gal 02/09/2024 20:01 Última actualización 02/09/2024 20:50

O Goberno insular acaba de anunciar que a partir de agora asumirá que os menores que cheguen en caiucos están baixo custodia policial e son competencia do Estado.

Tras reunir o pacto migratorio, o presidente canario pediulle ás ONG que xestionan os seus centros de acollida que non acepten ningún menor máis sen o permiso expreso da comunidade.

Desbordado pola chegada de migrantes, o presidente canario está disposto a todo. O Consello de Goberno das illas debate abrir un proceso xurídico contra o Estado pola xestión da crise migratoria. Acusa o Goberno de abandono de funcións.

"Se non hai lealdade e compromiso, o Goberno de Canarias vaise poñer no seu sitio. O Goberno de España está abandonando Canarias", di Fernando Clavijo.

En xogo está, ademais, o apoio parlamentario de Coalición Canaria.

"Suponse que temos un acordo para darlle estabilidade ao Goberno de España sempre e cando se cumpran uns compromisos coas Canarias que non se están cumprindo", asegura Clavijo.

O Goberno vincula a solución da crise migratoria á reforma da Lei de estranxeiría, e culpa o Partido Popular de bloqueala.

Elma Saiz, ministra de Inclusión social e Migracións, di: "Precisamente o PP, que goberna con Coalición Canaria, é quen pechou a porta a ese escenario".

Borja Sémper, portavoz nacional do PP, responde: "Levan seis anos gobernando seis anos, seis anos. E seis anos despois estamos así... Só faltaría que lle botaran a culpa ao PP".

As críticas veñen tamén desde os socios de Goberno.

Elizabeth Duval, secretaria de Comunicación de Sumar, di: "O Partido Socialista debe rectificar. Copiar as receitas da dereita e da extrema dereita só beneficia a extrema dereita".

Sumar insta os socialistas a acelerar a tramitación da Iniciativa Lexislativa popular  que impulsa a regularización de máis de medio millón de migrantes que están en España de maneira irregular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade