Publicador de contidos
Publicador de contidos

Canastras e porterías: o traballo de reciclaxe das redeiras de Corme

Canastras e porterías: o traballo de reciclaxe das redeiras de Corme

O proxecto leva recollido e reciclado, en dous anos e medio, oito toneladas de refugallo

As redeiras de Corme mostran unha das porterías de fútbol que fan con restos de redes
G24.gal 28/04/2023 21:20 Última actualización 28/04/2023 21:34

As mulleres da Asociación de Redeiras Illa da Estrela, de Corme reciclan restos de redes en material deportivo. Canastras de baloncesto e porterías de fútbol tecidas polas súas mans viaxan para polideportivos e estadios de toda España.

O xogador internacional de baloncesto Carlos Martínez, coruñés, contactou con elas en 2019 para levar adiante o seu proxecto de reciclar os refugallos de redes dos barcos en canastras de baloncesto e porterías. Non todas as redes serven. As mellores son as de nailon. O proxecto leva recollido e reciclado, en dous anos e medio, oito toneladas de refugallo asegura Rosa Rodríguez, presidenta da asociación.

"Para nós foi unha saída nun momento en que non tiñamos carga de traballo. O proxecto gustounos moitísimo. Levamos reciclado moitas toneladas porque levamos feitos tres mil canastras"

Escollen a rede, lávana e córtana á medida. Facer unha portería lévalles 6 horas, menos ca un dos seus bolsos artesáns. Porque non son novas nisto da reciclaxe. Levan desde 2012 diversificando a súa produción, dándolle outra vida a toda canta rede se tiraba, para facer bolsos artesáns.

A rede reciclada homologada para canastras e porterías véndese en Galicia pero tamén en tendas deportivas de toda España e de media Europa, e xa se usa nos campos de fútbol do Celta de Vigo, Deportivo da Coruña e Lugo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar