O aumento dos contaxios de covid-19 provoca numerosas cancelacións das ceas de Nadal
O aumento dos contaxios de covid-19 provoca numerosas cancelacións das ceas de Nadal
A hostalería sofre un novo revés coa sexta onda da pandemia en Galicia
Redúcese o número de comensais previstos nas celebracións
Pouco queda xa das grandes reservas nos restaurantes. O incremento no número de contaxios está a provocar numerosas cancelacións das xuntanzas de amigos e sobre todo das ceas de empresa.
Os hostaleiros relatan que este ano semellaba que volvía a normalidade e que os clientes se amosaban ilusionados e con ganas de celebrar pero que o aumento dos contaxios está a provocar que agora as chamadas xa non sexan para facer reservas ou preguntar polos menús, senón para cancelar. Pasa especialmente coas ceas de empresas, que xuntaban moitos comensais.
A sexta vaga de contaxios está a mudar os plans de moitos que, tanto por medo como por precaución, pospoñen encontros ou mesmo reducen o número de participantes. Semella que predomina a precaución e moitos foxen das grandes festas previas e resérvanse para as xuntanzas familiares máis íntimas.