Esther Estévez, Paco Lodeiro e Rodrigo Vázquez, entre os finalistas a mellor comunicador nos Mestre Mateo
Esther Estévez, Paco Lodeiro e Rodrigo Vázquez, entre os finalistas a mellor comunicador nos Mestre Mateo
Esther Estévez, Paco Lodeiro e Rodrigo Vázquez, entre os finalistas a mellor comunicador nos Mestre Mateo
O programa de lingua galega presentado por Esther Estévez, #DígochoEu, quedou finalista na categoría de mellor programa de televisión
Clac tamén se postula como mellor programa
Cuñados suma 16 candidaturas por 11 de MAlencolía e Jacinto
A edición número 20 dos Mestre Mateo ten Cuñados como produción dominadora, grazas ás 16 candidaturas obtidas polo filme de Toño López. Tras el, Malencolía e Jacinto suman 11 propostas cada unha.
Na categoría de programa de televisón, tanto Digocho eu coma Clac terán a Cos pés na terra e Cinephilia como adversarios.
E en mellor comunicador optan ao premio Esther Estévez, Paco Lodeiro, Rodrigo Vázquez e Simone Saibene.
Nas series, tres propostas de Televisión de Galicia: A lei de Santos, Método criminal e Auga Seca, fronte a Hierro.
Nesta edición participaron 162 obras estreadas en 2021, un 11 % máis ca o ano pasado. As obras presentadas son dezanove anuncios publicitarios, 29 curtametraxes, 28 documentais, oito longametraxes, 32 programas de TV, cinco series de TV, catorce series web e 27 videoclips.
Nas categorías profesionais presentáronse 475 candidaturas; delas, 292, o 60 %, corresponderon a homes e 183, un 40 %, a mulleres.
A gala será o 19 de marzo na Coruña.