Feijóo a Sánchez "Deixe de molestar a xente de ben"
Feijóo a Sánchez "Deixe de molestar a xente de ben"
O líder do PP carga no Senado contra a lei do só si é si e a lei trans
O presidente Sánchez atribúelle ao PP un pasado antifeminista e aféalle que se opoña ás leis que protexen as minorías
O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, díxolle ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que España está cansa del e dos problemas que xera a falta de estabilidade da súa coalición. Foi durante a sesión de control no Senado, que se celebra dende as catro desta tarde.
O presidente Sánchez defendeu a estabilidade e eficacia do Executivo, demostrada en tres presupostos e máis de duascentas leis.
O líder do PP criticou ademais a lei do só si é si e a lei trans e esixiulle ao Goberno que cese os seus responsables.
O presidente Sánchez afeoulle ao líder da oposición que critique as leis de apoio ás minorías e que fale de feminismo cando o PP sempre votou en contra das leis feministas.
O presidente defendeu puxo ademais como exemplo do bo facer do seu Goberno as bolsas aprobadas hoxe para Educación.
Feijóo considera que as bolsas de estudos só servirán para endebedarnos máis.
Pero o enfrontamento máis acalorado produciuse a conta da lei trans aprobada polo Goberno.