Carles Pérez fai realidade o seu desexo de vestir a camisola do Celta
Carles Pérez fai realidade o seu desexo de vestir a camisola do Celta
O cadro vigués a a Roma acordaron un traspaso por uns 5,2 millóns de euros
O xogador catalán asina ata o ano 2027
Carles Pérez pasará a ser propiedade do Celta. O club vigués e a Roma acordaron o traspaso do extremo catalán por unha cantidade que supera lixeiramente os 5 millóns de euros. Ademais a Roma garda un 5% dunha futura venda. Carles Pérez xa está Vigo onde asinou o seu novo contrato. O luns comezará a pretemporada como xogador celeste.
A pasada temporada chegou como cedido despois de gozar de poucos minutos no equipo de Mourinho. Tardou en ofrecer o seu mellor nivel pero no treito final da temporada converteuse nun dos futbolistas máis destacados e determinantes ás ordes de Carlos Carvalhal. O xogador expresara unha e outra vez o seu desexo de seguir vestindo a camisola do Celta.