Carlos Alcaraz estará outra vez na final de Wimbledon
Carlos Alcaraz estará outra vez na final de Wimbledon
O español impúxose a Medvedev por 6-7/6-3/6-4/6-4
Carlos Alcaraz repetirá outro ano na final de Wimbledon. O ano pasado coronouse como campión tras vencer a Novak Djokovic, o que pode ser o seu rival este domingo na final se gaña ao italiano Musetti.
Carlos Alcaraz comezou dubitativo e con moitos erros non forzados, máis do dobre que Medvedev, malia iso o primeiro set foi ao Tie Break, onde Mevdedev aproveitouse dun novo carrusel de erros non forzados para levarse a primeira manga do partido.
O descanso entre primeiro e segundo set veulle moi ben a Alcaraz, que corrixiu os erros, e logrou levar os tres sets seguintes, iso sí, só cun break de vantaxe en todos. Medveded deu moita guerra e Alcaraz terá que revisar eses erros para non repetilos se quere volver a gañar Wimbledon.