Carlos Canal loitará por ter protagonismo no Gran Camiño
Carlos Canal loitará por ter protagonismo no Gran Camiño
Canal: "É a carreira da casa, sempre fai ilusión"
Os mecánicos poñen o material a punto para que Carlos Canal, a referencia galega no Gran Camiño, dea as primeiras pedaladas do día. Ultimo adestramento antes dunha proba que ten marcada en vermello e na que quere deixarse ver.
"É a carreira da casa, sempre fai ilusión".
O galego pretende loitar por todo na etapa ourensá, diante dos seus paisanos. Pero antes el e os seus compañeiros do Movistar exploran o percorrido da contra o reloxo coruñesa, circuíto urbano con previsión de vento e chuvia.
Para Canal, o Gran Camiño promete loita. O cartel é de primeiro nivel, aínda que a súa quiniela para o triunfo final ten un nome
"Vingegaard é o gran favorito".
No seu primeiro ano na máxima categoría, Canal quere ser protagonista. A aventura que principia a carón da Torre de Hércules.